VI XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

A educación en tempos de pandemia

Nesta ano 2020 a VI edición das Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EDCG) céntrase nos retos que debe enfrontar a educación a partir da pandemia derivada da COVID-19. Por primeira vez, a celebración da xornada será en formato virtual. Coa intención de adaptar a posibilidade de acceso aos contidos preséntanse catro sesións virtuais de 90 minutos entre o 19 e o 27 de novembro.

A primeira das sesións indaga sobre as consecuencias da situación de emerxencia sanitaria nos sistemas educativos: cambios, aprendizaxes e fendas. As seguintes sesións achéganse a retos específicos que, aínda sendo previos á pandemia móstranse perentorios no ámbito da educación: as capacidades afectivo- emocionais, a equidade, o respecto pola sustentabilidade e a xustiza social.

As sesións están dirixidas ás futuras e aos futuros profesionais da educación das diferentes especialidades, profesorado en exercicio e persoal das entidades sociais. As xornadas xorden froito da colaboración entre o Grupo de Investigación Terceira Xeración da USC, a Campaña Mundial pola Educación e Solidariedade Internacional de Galicia.

Dende hai seis cursos o Grupo TeXe ven promovendo xunta Solidariedade Internacional de Galicia unha formación anual que favoreza a inserción da EDCG na formación das futuras e dos futuros egresados da Facultade de Ciencias da Educación. Neste caso, a formación enmárcase no proxecto «A EDCG na formación dos profesionais da educación: construíndo o ámbito de educación» financiado por Cooperación Galega.

Hai catro anos a iniciativa conflúe coa Campaña Mundial pola Educación (CME) que ten como obxectivo a reclamación do cumprimento íntegro dos compromisos internacionais firmados polos Estados para garantir o acceso a unha educación de calidade para todas as persoas do mundo.

Neste sentido, a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible no seu ODS 4 relacionado coa educación expón na súa Meta 7 a necesidade de construír unha cidadanía global comprometida co desenvolvemento sustentable, a defensa dos dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción da cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a diversidade cultural.

Dende a coalición galega da CME deféndese que esta cidadanía global debe buscar contribuír, nestes momentos mais que nunca, a un mundo mellor, máis xusto e igualitario. Nesta construción, a formación inicial das educadoras e dos educadores do mañá é fundamental na procura dunha sociedade máis participativa, equitativa e solidaria.

Obxectivos:

Xerar espazos de diálogo e reflexión sobre as consecuencias e oportunidades da pandemia no ámbito da educación en clave da construción dunha cidadanía global.
Achegar experiencias e prácticas comprometidas coa construción dunha cidadanía activa, crítica e solidaria.
Dar a coñecer o traballo das entidades sociais galegas.

Grupos destinatarios:

Alumnado universitario dos distintos graos das titulacións de Educación
Docentes
Persoal de entidades sociais

Estrutura

4 Sesións Webinar
4 temáticas
Duración: 90’
Plataforma: Zoom

PROGRAMA

1º Sesión – A educación en tempos de pandemia. Novos retos, vellos problemas

Xoves 19. 18:00 h.
Ideas forza: Cumprimento das expectativas como sociedade en relación á abordaxe da educación no contexto da Covid-19: cambios, fendas e outras realidades.

Participantes:
Lorena Casal Otero. Universidade de Santiago de Compostela
Ousmane N’Gaide. JRS Burundi
Elena Rúa. Ayuda en Acción
Juan de Dios. Educo Guatemala

2a Sesión – Educación afectivo-emocional, estamos preparadas

Venres 20. 12:00 h.
Ideas forza: A educación afectivo-emocional para un desenvolvemento integral, a xestión de conflitos e os coidados. A súa integración no sistema educativo a partir da pandemia

Participantes:
M. Carmen Gutiérrez Moar. Universidade de Santiago de Compostela
Laura Irurzun. Asociación Madre Coraje de Navarra
Benigno Martínez Lado. ETL Don Bosco

Microsoft Word – VI Xornadas EDCG_USC_CME.docx

3a Sesión – Ecofeminismo(s). Tecendo un futuro común

Xoves 26. 18:00 h.
Ideas forza: A fenda de xénero, os coidados no social, defensoras de dereitos, futuro en equidade.

Participantes:
Haydée Castillo Flores. Foro de Mujeres para la integración Centroamericana y del Caribe, FMICAC.
Isabel Vilalba Seivane. Sindicato Labrego Galego
Libertad América Ramos y Laura Ortiz. Mujeres Creando (Bolivia)

4a Sesión – Educación para a sustentabilidade. Boas prácticas na educación formal e non formal

Venres 27. 12:00 h.
Ideas forza: A construción dunha cidadanía global, a educación como chave para a sustentabilidade, o respecto ao medio ambiente e a xustiza social.

Participantes:
Kika Ramil. Mar de Fábula.
Patricia Ibarra. Coordinadora do colectivo “Teachers for Future”
Macarena Romero. Área de Ciudadanía. Entreculturas.
Silvana Longueira Matos. Universidade de Santiago de Compostela