Escolares vigueses piden ás autoridades locais compromisos políticos para defender a educación e medidas para coidar o planeta

A Campaña Mundial pola Educación en Galicia (CME)  organizou hoxe  un acto no colexio Apóstol Santiago-Xesuítas Vigo no que alumnos de tres colexios de Vigo tiveron a oportunidade de  participar nunha actividade conxunta de sensibilización  e de ter un encontro co alcalde da cidade, Abel Caballero. Os portavoces da CME e dos centros escolares pediron o apoio das administracións públicas na defensa da educación en todo o mundo e o compromiso coa sostebilidade ambiental do noso planeta.

Este ano, o lema da campaña é DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO. E nesta liña os escolares galegos leron un manifesto á clase política no que lembraron que “a educación é a mellor ferramenta para formar a unha cidadanía consciente das causas e as consecuencias do cambio climático, e de dotala dos coñecementos, competencias e actitudes necesarias para buscar solucións”. Tamen xogaron un scrabble onde, elaborando letras de reciclaxe, xuntar palabras vinculadas aos conceptos de Educación e Ecoloxismo.

Abel Caballero, que estreaba presencia pública tras gañas as elección locais, animou aos escolares a defender o coidado de planeta e lembrou a súa etapa na mariña mercante “onde os océanos estaban limpos de plásticos. Agora debemos loitar todos por un mundo máis sostible”, dixo os case 200 alumnos reuniodos no pabillón do colexio Apóstol Santiago.

Os centros educativos participantes foron o San Xosé de A Guía, Miralba Xesuitinas e Apóstol Santiago – Xesuítas Vigo.

A Campaña Mundial pola Educación é unha coalición internacional nacida no ano 2000 e formada por ONGs, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de diversos signos que se movilizan para pedir o cumprimento íntegro dos compromisos internacionales no dereito ao acceso educación para todos os nenos e nenas do mundo.

As organizacións galegas que forman parte da CME en Galicia son: Fundación Taller de Solidariedade, Fundación Entreculturas, Fundación Educación e Cooperación (Educo) e Fundación Axuda en Acción.