A Campaña Mundial pola Educación na emblemática praza da Quintana en Santiago de Compostela

pequeñaO primeiro acto da SAME en Galicia foi o pasado venres día 29 de abril as 12:00 horas na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

 O equipo galego da Campaña Mundial pola Educación composto por Axuda en Acción, Entreculturas, Educo, Taller de Solidaridad e Tempo de Loaira foi o encargado de organizar ó acto e a coordinación cos Centros Educativos participantes. Ase mesmo contaron co apoio de entidades colaboradoras deste e doutros anos como Intered ou o STEG.

O acto tivo unha participación de 165 persoas entre o alumando, o profesorado, representantes políticos e entidades colaboradoras. Os 5 centros educativos participantes da comarca de Santiago de Compostela foron:

  • CEIP López Ferreiro.
  • IES Arcebispo Xelmírez I.
  • IES Eduardo Pondal.
  • Colexio San Francisco Javier.
  • IES Campo de San Alberto.

As 11:30 horas comezou a  chegar o alumando de primaria e secundaria dos diversos centros onde os esperaban o equipo de voluntariado de Entreculturas para darlles a benvida e acompañalos aos seus lugares. Case á mesma hora foron chegando as persoas representantes das entidades colaboradoras, equipo técnico colaborador da Subdirección Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento da Xunta de Galicia e dona Concepción Fernández Fernández concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do concello de Santiago de Compostela.

O grupo de Teatro dx Oprimidx Cen telas, responsables da dinamización do acto,  foron presentando a cada centro educativo. Dun en un o alumnado foi enchendo a praza coas súas pancartas, poemas, representacións teatrais e manifestos, para rematar coa exposición de paraugas que construíron e que simboliza á educación como protección das persoas.

Ao rematar as reivindicacións do alumando, Concepción Fernández Fernández en representación do concello da cidade como responsable da concellería de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde dirixiu unhas palabras nas que puxo de manifesto que só coa educación podemos construír outro mundo, sendo esta o maior e mellor dos investimentos que se deben acometer para acadalo. Ase mesmo, encoraxou a todas as presentes para continuar coa loita.

A continuación, Beatriz Varela Martínez-Barbeito de Axuda en Acción reivindicou que a educación é un dereito para todas as persoas do mundo poñendo en valor o seu papel transformador e protector fronte á desigualdade ou a exclusión. Pediu á Administración pública  e os gobernos que cumpran co seu compromiso de financiar e garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e que promova oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida para todos e todas. Porque a educación protéxenos, protexamos o seu financiamento!

Por último, todas as persoas participantes erguéronse e espalláronse pola praza para rematar o acto cunha gran paraugada.

pequeña2pequeña3