O Valedor do Pobo será protagonista durante o ano 2014 da Campaña Mundial pola Educación (Global Campaing for Education)

GALICIA.- Avanzar sobre os  compromisos do «Cumio de Dakar» (Senegal) do ano 2000, onde a comunidade internacional se comprometeu a garantir o acceso a unha educación de calidade para todos e todas antes do ano 2015, é unha tarefa de todas as institucións e axentes sociais.

A Campaña Mundial pola Educación naceu para que este compromiso internacional, valioso e necesario, non pasase desapercibido. Por iso, o seu obxectivo é mobilizar á cidadanía para que esixan aos seus gobernos e á comunidade internacional que cumpran as súas promesas e se responsabilicen do destino de millóns de persoas aos que se exclúe do dereito á educación.

Este ano baixo o Lema » Sumemos Capacidades polo Dereito a unha Educación Inclusiva»  queremos reivindicar o dereito dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, que satisfaga as súas necesidades básicas de aprendizaxe e enriqueza as súas vidas tal como se recolle no artigo 24 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

En todo o mundo, 93 millóns de nenos e nenas teñen algún tipo de discapacidade, o 90% non asiste á escola, e os que si o fan, teñen menos posibilidades de finalizar os seus estudos que o resto dos seus compañeiros/ás. En demasiadas ocasións, a poboación infantil con necesidades educativas especiais é a grande esquecida á hora de reclamar o dereito á educación. Esta desigualdade acentúase nos países máis empobrecidos.

A sensibilidade especial do Valedor do Pobo perante as persoas con algún tipo de discapacidade ven de ser plasmada na presentación no Parlamento de Galicia dun informe extraordinario sobre os dereitos das persoas con discapcidade intelectual de Galicia; e como este ano a Campaña Mundial pola Educación ten como lema “Sumemos Capacidades pe como olo Dereito a unha Educación Inclusiva» , a campaña encaixa perfectamente nas líneas estratéxicas básicas marcadas polo Valedor na súa procura da defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia, polo que o seu compromiso é claro.