A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos súmase á CME

GALICIA- As aulas da 3º Idade de Vigo e Santiago de Compostela traballarán nas súas aulas os materiais da Campaña Mundial pola Educación e participarán nos actos de centrais das cidades de Vigo e Santiago de Compostela.

A Campaña Mundial pola Educación en Galicia segue aumentando os apoios na Sociedade Galega para conseguir o obxectivo dunha Educación de Calidade para todos e todas as nenas e nenos do Mundo.

A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL) a través das súas aulas da 3º Idade das cidades de Santiago de Compostela e Vigo adhírese á campaña mundial pola educación traballando as unidades didácticas e os materiais da CME.

ATEGAL é unha entidade sen ánimo de lucro, colaboradora da Xunta de Galicia, na que están integradas ademais das xa mencionadas as aulas da 3º Idade da Coruña, Padrón, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso.

Na cidade de Vigo traballarán a Campaña a través dos talleres de Memoria nos que entre todos e todas as alumnas e alumnos recordasen como foron os seus primeiros anos de educación e o complexo que era ter acceso á educación. Ademais teremos unha representación desta clase no acto central do próximo 25 de Abril no Colexio Apostol de Santiago.

En Santiago de Compostela o próximo 19 de abril realizarase un taller na aula da 3º Idade na que se traballarán diversas líneas da campaña. Ademais, ao igual que en Vigo, unha representación deste aula participará no acto central de Compostela que contará coa presenza do Conselleiro de Educación de Galicia.

Dende o equipo da Campaña Mundial pola Educación de Galicia queremos agradecer á Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos a súa participación e apoio á Campaña.