ESCOLARES GALEGOS PIDEN NO PARLAMENTO COMPROMISO POLÍTICO PARA DEFENDER A EDUCACIÓN

  • O acto enmarcase nos actos da celebración da SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación en Galicia na que nesta edición búscase resaltar a importancia da educación nos contextos de emerxencia e o papel fundamental do profesorado nos procesos  educativos.
  • O Parlamento de Galicia recibirá a máis de 100 estudantes quen se uniu á Campaña Mundial pola educación, o venres 07 de xuño.

Compostela, 30 de maio de 2002. O vindeiro 7 de xuño o Parlamento de Galicia, encabezado polo seu Presidente, D. Miguel Santalices Vieira, acolle a preto dun centenar de alumnas e alumnos de distintos centros educativos galegos.

Antes da pandemia, 127 millóns de nenas, nenos e adolescentes que vivían en países afectados por distintas crises estaban sen escolarizar. Prevese que está cifra se incremente ata os 24 millóns a causa dos impactos da COVID-19. A emerxencia educativa global xerada pola pandemia, agravou as crises xa existentes que limitaban o acceso á educación en todo o mundo.
Así, cunha representación do alumnado das catro provincias galegas, o Salón de Plenos do Parlamento de Galicia acollerá un encontro entre o mundo educativo e o mundo político no que os estudantes participantes achegarán as súas inquedanzas, reflexións e propostas a este espazo de decisión.
Por isto, e co obxectivo de chamar a atención, a Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia –coalición formada por Axuda en Acción, Educo, Entreculturas, Taller de Solidariedade e a Universidade de Santiago de Compostela– organiza este encontro para facer fincapé na crise que pon en perigo o cumprimento do ODS 4 e reclamar un incremento da financiación pública para garantir unha educación equitativa, inclusiva e de calidade para todas as persoas.
Este acto se enmarca na SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación, que busca informar e fomentar o activismo na sociedade en xeral sobre a situación do acceso a unha educación gratuíta, equitativa e de calidade no mundo.