Formación en liña para impulsar a participación real do alumnado nas aulas

Cres que nenos, nenas e mozos e mozas deben ter unha voz real na escola? Con esta premisa nace a formación en liña “A xuventude como protagonista: ferramentas para a participación educativa”, dirixida a profesionais da educación que queiran pasar da teoría á práctica.

Trátase dun curso certificado de 6 horas de duración que ofrece un enfoque práctico para deseñar e implementar procesos participativos nos centros educativos. Ao longo da formación, as persoas participantes aprenderán por que a participación é fundamental, como facilitarlle desde o seu papel profesional e que ferramentas concretas poden aplicar na aula.

O programa propón ademais un proceso estruturado en 12 etapas para acompañar grupos de infancia e xuventude cara a unha participación real e efectiva nos seus contornos educativos.

A iniciativa busca así promover escolas máis inclusivas, democráticas e transformadoras, nas que o alumnado sexa verdadeiro protagonista.

Inscríbete aquí: https://forms.gle/37SEd8UaEGkdGFTg8