Queremos convidar a súa organización a formar parte da Campaña Mundial pola Educación!

A Campaña Mundial pola Educación (CME) está a preparar a súa edición 2025 e queremos convidar á súa organización a formar parte deste importante movemento global. Xuntos podemos defender o dereito a unha educación de calidade, inclusiva e transformadora para todas as persoas, especialmente en situacións de emerxencia.

Este ano, a CME en Galicia céntrase na Educación en Emerxencias, facendo fincapé na necesidade de garantir o acceso á educación en contextos de crise, como conflitos armados, desastres naturais ou crises humanitarias. Ao unirse a esta campaña, a súa ONG poderá xogar un papel crucial na promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente o ODS 4, que busca asegurar unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todas as persoas.

Por que unirse á CME Galicia?

Ao formar parte da CME, a súa ONG poderá:

  • Multiplicar o impacto das nosas accións, das que formarase parte, difundíndoas nas súas redes sociais e medios de comunicación.
  • Participar na Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), organizando obradoiros en contextos educativos formais e informais e contribuíndo cos seus recursos humanos.
  • Ser parte activa nos actos de incidencia política, promovendo a educación en emerxencias ante as administracións públicas.
  • Recibir materiais didácticos gratuítos sobre educación en emerxencias e apoio na realización de obradoiros educativos no seu entorno.
  • Contribuír ao fortalecemento dunha rede sólida e cohesionada de entidades en Galicia, que impulse o ODS 4.
  • Recibir acompañamento constante durante todo o proceso, con formación e asistencia na implementación das unidades didácticas.
  • Formar parte dun movemento global que busca transformar as políticas educativas, asegurando que ninguén quede atrás, mesmo nos momentos máis difíciles.

As organizacións aliadas da CME teñen un rol fundamental na campaña, actuando como multiplicadoras de accións, organizando obradoiros, difundindo contidos e participando activamente en todas as iniciativas. Ademais, poderán acceder a:

Se a súa ONG en Galicia comparte o compromiso de promover unha educación inclusiva, transformadora e de calidade, ¡convidámoslle a participar! Para máis información, escriba a Tatiana Sáenz, coordinadora da CME en Galicia, ao correo electrónico: tsaenz@ayudaenaccion.org.

Xuntos podemos lograr que a educación chegue a todas as persoas. Non deixe pasar esta oportunidade de formar parte do cambio!