Red de docentes

Nova Rede de Profesorado da CME en Galicia

A educación é moito máis ca un dereito: é a base sobre a que se constrúe unha sociedade xusta, crítica e con futuro. Desde a Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia damos un paso máis para reforzar este compromiso colectivo coa creación da Rede de Profesorado da CME, un espazo pensado para conectar, inspirar e acompañar o profesorado que cre no poder transformador da educación.

Esta rede nace co obxectivo de tecer comunidade entre o profesorado da Comunidade Autónoma de Galicia interesado en compartir experiencias educativas, descubrir novos recursos didácticos e participar nun diálogo enriquecedor arredor do dereito humano á educación e do ODS 4. Queremos crear un espazo vivo, onde as ideas circulen, se multipliquen e se convertan en accións concretas dentro e fóra das aulas.

A Rede de Profesorado da CME en Galicia será un espazo aberto, flexible e colaborativo, no que cada docente poderá participar ao seu ritmo, formando parte dunha comunidade activa que comparte información, iniciativas e boas prácticas. Un punto de encontro para aprender en colectivo e seguir impulsando, desde a educación, un mundo máis xusto e sostible.

Se formas parte do profesorado en Galicia e che interesa conectar con outras persoas comprometidas coa educación, convidámoste a dar o paso e sumarte á rede. Podes inscribirte a través do seguinte formulario e comezar a formar parte desta comunidade educativa: aquí