10 Nov Únete á Campaña Mundial pola Educación!
A Campaña Mundial pola Educación en Galicia está de volta para a súa edición 2025, e queremos convidar ao teu centro educativo a ser parte deste movemento global que loita polo dereito a unha educación de calidade para todas as persoas, sen excepcións.
Neste ano 2025, a CME pon o foco na Educación en Emerxencias, destacando a importancia de garantir o acceso á educación en situacións de crise como conflitos bélicos ou desastres humanitarios. Como parte deste movemento, ti e o teu centro podedes contribuír a visibilizar e defender o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4 (ODS 4): garantir que todas as persoas teñan acceso a unha educación inclusiva, transformadora e de calidade.
Por que unirse á CME Galicia?
Ao unirte á nosa campaña, terás a oportunidade de:
- Acceder a material didáctico gratuíto sobre a temática de Educación en Emerxencias para traballar na aula.
- Recibir apoio para organizar actividades de mobilización no teu centro educativo, enmarcadas na Semana de Acción Mundial pola Educación.
- Participar nun acto público no Parlamento Galego para reclamar o dereito á educación para os nenos e nenas en situacións de emerxencia.
- Acompañamento personalizado en todo momento, para guiarte e apoiar a túa participación.
- Contribuír á incidencia política, levando as demandas da CME ante as administracións públicas.
- Dar visibilidade á Campaña Mundial pola Educación dentro do voso centro educativo.
- Formar parte dun movemento global que busca cambiar as políticas educativas e asegurar que todas as persoas teñan acceso á educación, mesmo nas circunstancias máis difíciles.
Unímonos para mellorar o acceso á educación en situacións de emerxencia!
Queremos que o teu centro educativo se una a esta causa tan importante. Se queres saber máis, imos organizar unha sesión online informativa onde falarémosche de todas as accións que podes levar a cabo no marco da CME Galicia. Na sesión explicaremos todo o que necesitas saber e resolveremos calquera dúbida que poidas ter.
Apúntate á sesión informativa!
Completa o formulario que atoparás a continuación para elixir a data que mellor se adapte á túa dispoñibilidade:
- forms.gle/FDtEkambubn7Lv3c6
Non perdas a oportunidade de formar parte dunha rede global que loita por un futuro mellor para todas e todos!