Escolares galegos piden no Parlamento compromisos políticos para defender a educación e medidas para coidar o planeta

A Campaña Mundial pola Educación en Galicia (CME) organizou hoxe un acto no Parlamento de Galicia no que alumnos de cinco colexios galegos tiveron a oportunidade de ter un encontro cós parlamentarios no Pazo do Hórreo. Os
portavoces da CME e dos centros escolares pediron o apoio das administracións públicas na defensa da educación en todo o mundo e o compromiso coa sostebilidade ambiental do noso planeta.


Este ano, o lema da campaña é DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO. E nesta liña os escolares galegos leron un manifesto á clase política galega no que lembraron que “a educación é a mellor ferramenta para formar a unha cidadanía consciente das causas e as consecuencias do cambio climático, e de dotala dos coñecementos, competencias e actitudes necesarias para buscar solucións”. Informaron dalgunhas medidas que nos seus centros están
a tomar para combatir este grave problema e solicitaron que as leis educativas inclúan horas para este temas dentro de currículum escolar galego.
Os centros educativos participantes foron o CPE Virxen da Cela de Monfero, IES Arzebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, IES Vilalonga, de Sanxenxo, o Colexio Apóstol Santiago – Xesuítas de Vigo e o Colexio Miralba Xesuitinas Vigo (Pontevedra).

A Campaña Mundial pola Educación é unha coalición internacional nacida no ano 2000 e formada por ONGs, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de diversos signos que se movilizan para pedir o cumprimento íntegro dos compromisos internacionales no dereito ao acceso educación para todos os nenos e nenas do mundo. Por parte do Parlamento, o seu presidente, Miguel Santalices, deu réplica aos estudantes asegurando tomar nota das súas peticións e intentan levar adiante alguna das súas iniciativas.
As organizacións galegas que forman parte da CME en Galicia son: Fundación Taller de Solidariedade, Fundación Entreculturas, Fundación Educación e Cooperación (Educo) e Fundación Axuda en Acción.