III Xornadas de Educación para o Desenvolvemento

III Xornadas de Educación para o Desenvolvemento

Por terceiro ano consecutivo celebrase na Facultade de Ciencias da Educación unhas xornadas dedicadas á Educación para o Desenvolvemento (ED), e, por primeira vez, tendemos pontes coa Campaña Mundial da Educación que tamén ven sumando esforzos no centro.

Cartel A3 CONFERENCIA 2017Este ano, a xornada se enmarca dentro do proxecto USC sostible,comercio xusto, ciclos curto de distribución e consumo responsable, financiado por Cooperación Galega e desenvolto pola Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea e a USC e do proxecto da Campaña Mundial pola Educación que neste 2017 ten como lema “Pido a palabra pola Educación”.

As xornadas terán lugar os días 4 e 5 de Abril (programa día 4, programa día 5) durante todo o día na propia facultade de Educación do Campus Vida e o alumnado podera anotarse a todas as xornadas ou algunha parte das mesmas.

Destacar, ademais, a colaboración que nestes anos ven compartido Solidaridade Internacional de Galicia, sen elas, non teriamos chegado a esta terceira edición.

Por último, sinalar que no programa conflúen catro iniciativas financiadas por Cooperación Galega: o proxecto xa mencionado sobre comercio xusto na USC, a CME, o Plan Proxecta e o proxecto Investigando a dimensión global da ED. Un proxecto piloto de investigación-acción colaborativa nun centro de ensinanza secundaria de Galicia, desenvolto entre SIG e a UDC.

Por último, a Rede Galega de Cooperacion Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), o Servizo e Participación e Integración Universitaria (SEPIU) e a Oficina de Desenvolvemento Sostible, vos animamos a compartir esta experiencia.

Para a inscrición é preciso encher este formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScs_aY3uN7lb1nHG5ikhJbPLOFmRT1ACr0CvX5GsDPo4S-U7A/viewform