21 Nov Vídeo resumen SAME 2016
“Un ano máis, pero a mesma petición de sempre: educación para todos e todas”. Así comeza o vídeo que realizamos desde a Campaña Mundial pola Educación en Galicia (CME) para mostrarvos o traballo que se levou a cabo na nosa CC.AA. durante 2016 baixo o lema “A educación protéxenos, protexamos o seu financiamento”. Isto non podería ter sido posible sen a implicación dos 28 centros educativos, 70 profesores e profesoras e 2.467 alumnos que participastes activamente nas distintas actividades da CME en Galicia: utilizando as unidades didácticas da CME nas aulas, participando nos actos centrais en Santiago de Compostela e A Coruña, nos actos de mobilización en distintos centros educativos, a través das conferencias sobre a importancia da educación na Coruña, a exposición da CME sobre a educación no mundo en museos e centros educativos, etc. Estas actividades tampouco terían sido posible sen o apoio da Xunta de Galicia, a colaboración entre as distintas ONG que formamos o consorcio da CME en Galicia e os seus voluntarios e voluntarias (Axuda en Acción, Educo, Entreculturas e Taller de Solidariedade), así como a axuda de organizacións como Tempo de Loaira, Scouts Galicia, STEG ou Fundación Barrié.
É por iso que queremos agradecervos a todas e cada unha das persoas que ano tras ano impulsades a CME en Galicia a vosa participación, perseveranza e entusiasmo. Como homenaxe, e para despedir á CME 2016 e dar a benvida á CME 2017, queremos compartir con todos e todas vós este fermoso vídeo que amosa o vivido no marco da CME Galicia durante 2016 e as conclusións que un ano máis nos impulsarán a continuar traballando para garantir unha educación de calidade e gratuíta para todos e todas.