A CME mobilízase para recordar aos Gobernos o seu compromiso internacional de financiar o dereito á educación no Obelisco dos Cantóns en A Coruña

O pasado mércores 11 de maio as 11:00 horas no Obelisco dos Cantos da cidade de A Coruña tivo lugar o segundo acto da SAME en Galicia.

Unha vez máis o equipo da Campaña Mundial pola Educación en Galicia composto por Axuda en Acción, Educo, Taller de Solidaridad, Entreculturas e Tempo de Loaira organizou ó acto e a coordinación cos Centros Educativos participantes.

O acto tivo unha participación de 60 persoas entre o alumando, o profesorado e representantes políticos. Os 2 centros educativos participantes da cidade de A Coruña foron:

  • CPR Santa María do Mar
  • IES Puga Ramón

O alumando de primaria e secundaria dos centros participantes foron chegando sobre as 10:30 ao Obelisco onde o equipo de persoas voluntarias de Entreculturas estabaos agardando para darlles a benvida e acompañalos aos seus lugares. Namentres chegou dona Claudia Delso Carreira concelleira de Innovación democrática, Participación cidadá, Descentralización de distritos e barrios, Xuventude e do centro municipal de información xuvenil (CEMIX) como persoas representante do concello de A Coruña.

A dinamización do acto estivo a cargo do grupo de Teatro dx Oprimidx Cen Tolas, responsables de presentar cada centro educativo. O espazo foise enchendo de paraugas con mensaxes de protesta, manifestos, pancartas e cantigas reivindicativas do alumando que parou e fixo cantar a moita xente que paseaba pola praza ao son de “ yo quiero que este sea el mundo que proteste de este hasta oeste por la educación”.

Ao finalizar as reivindicacións do alumando, Claudia Delso Carreira en representación do concello da cidade herculina como responsable da concellería de Innovación democrática, Participación cidadá, Descentralización de distritos e barrios, Xuventude e do centro municipal de información xuvenil (CEMIX) parabenizou ao alumando pola súa iniciativa e fíxose eco da necesidade de facer efectivo o compromiso pola educación dende “os representantes políticos do concello de A Coruña e dende a Xunta de Galicia asumindo as responsabilidades e competencias no financiamento tanto dunha educación pública de calidade como de proxectos de desenvolvemento onde a educación teña un papel fundamental”.

A continuación, Beatriz Varela Martínez-Barbeito de Axuda en Acción reivindicou que a educación é un dereito para todas as persoas do mundo pedindo á Administración pública e os gobernos que cumpran co seu compromiso de financiar e garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e que promova oportunidade de aprendizaxe ao longo da vida para todas as persoas do mundo. A educación protéxenos, protexamos o seu financiamento!

Para rematar o acto e como símbolo de protección da educación, todas as persoas encheron o Obelisco de paraugas abertos.