Kailash Satyarthi tamén vota pola educación

O Premio Nobel da Paz impartiu en A Coruña a conferencia Educación para unha sociedade sustentable: construíndo alianzas innovadoras

“Mentres un só neno estea privado de educación non podemos falar de comunidade civilizada”. Con esta idea forza, o comprometido activista indio nacido en Vidisha, inauguraba o ciclo de conferencias “Palabras para Galicia 2015” ante a presenza de 1500 persoas. Kailash Satyarthi foi cofundador da Campaña Mundial pola Educación, coalición que presidiu durante máis de dez anos e na que participa activamente como membro do seu consello directivo. Esa vinculación permitiunos ao equipo da Campaña Mundial pola Educación en Galicia falar máis detidamente con el, compartíndolle o que estamos a facer este ano en Galicia e tamén a nivel estatal.

Kailash Satyarthi apoia o traballo da Campaña, votando pola educación. Impresionante autógrafo!

Se ha producido un error. https://www.youtube.com/watch?v=Pw9gsNSh6_w

Prueba a ver el vídeo en www.youtube.com o habilita JavaScript si estuviera inhabilitado en el navegador.

Kailash Satyarthi foi recoñecido co premio Nobel da Paz do ano 2014, que compartiu xunto con Malala Yousafzai, pola súa loita contra a opresión dos nenos, nenas e xente moza e polo dereito de todas as persoas a acceder a unha educación de calidade. Segundo asegurou no seu relatorio, “os tres grandes motores do futuro son a mocidade, a responsabilidade empresarial e a sociedade civil”. Foi unha impresionante conferencia que nos anima a seguir traballando para conseguir ese cambio necesario para vivir nun mundo máis xusto e igualitario.