Tui acollerá un novo acto Internacional da Campaña Mundial pola Educación

GALICIA.- O 20 de Abril viviremos en Tui unha nova xornada de confraternización entre o Ceip Nº 2 de Tui e a Escola Pública de Valença (Portugal), na que máis de 100 nenos e nenas traballarán e se divertirán por unha Educación de Calidade para todos e todas as nenas do planeta.

Onte 22 de Marzo concretouse o acto que o próximo 20 de Abril se celebrará en Tui. Luis Hermino Ruíz (Director do CEIP Nº2 de Tui), Aurora Sobrosa (Directora da Escola Pública de Valença), Dr ª Elisabete  Domingues (Vareadora de Educaçao de la Cámara de Valença), Mari Carmen Seves e Beatriz González (docentes do CEIP n.º2 de Tui), e Juan Fernández e Miguel Rodríguez (representantes pola Campaña Mundial pola Educación), pecharon na reunión de onte todos os aspectos loxísticos para poder celebrar unha xornada de confraternización entre os escolares galegos e portugueses na que poidan reclamar o dereito á educación para todos e todas as nenas do planeta.

O acto dividirase en tres momentos:

A primeira parte celebrarase no propio centro, recibindo os alumnos e alumnas do centro portugués e creando unha grande imaxe composta por fotografías relacionadas co primeiro día de colexio dos alumnos e alumnas e do importante que foi recibir unha educación temperá de calidade.

A segunda parte desenvolverase polo casco histórico do concello de Tui na que os 100 nenos e nenas divididos en grupos farán unha ruta chea de probas nas que se poñerá unha énfase especial na importancia da Educación.

Por último o acto despedirase a beira do río Miño onde Anxo Moure (Contacontos) a través dos seus contos solidarios pechará a xornada.